A cápsula do tempo

M. A. Fernández

TELEVISIÓN

En San Marcos teñen a fórmula por clásica e para que cambiala

02 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Como diciamos hai dous anos, parafraseando a Monterroso: «Cando espertou, o Especial Fin de Ano de TVG aínda seguía alí»... Se cadra en San Marcos teñen a fórmula por clásica e para que cambiala. Por iso subiron ao escenario unha cápsula do tempo con obxectos dos 80, coartada para encubrir unha fórmula máis gastada que a pedra dun chisqueiro... Entre clips da música global deses anos, Gayoso, acompañado de Sabela Arán, Susana Sampedro e a carballiñesa Iria Sobrado, sacaba cousas da cápsula para comentalas. Servido co habitual meneo da cámara e inxeridos de figuración moza, por certo, o target que preferiu a Mota e o seu El resplandor, en La 1. Pois veña, a seguir innovando.