Patrocinado por:

Lanzan un dicionario de galego para o iPhone

La Voz REDACCIÓN

OCIO@

A aplicación de Galapps xa pode ser descargada

14 feb 2012 . Actualizado a las 18:35 h.

Os usuarios de iPhone preocupados por usar ben a lingua galega contan desde hoxe con tres novas axudas en forma de aplicacións gratuitas. Son un dicionario, un tradutor e un conxugador obra de Galapps que xa tiñan desde hai tempo versión para Android (a plataforma móbil de Google) e que empregan como referencia a primeira edición do Dicionario da Real Academia Galega (de 1997).