Membros da cultura galega celebran o centenario de don Paco
17 feb 2013 . Actualizado a las 17:32 h.Nesta ocasión foi un acto convocado pola Fundación Lois Peña Novo, pero tamén con Francisco Fernández del Riego como protagonista. Senlleiros persoeiros da cultura galega déronse cita na Alameda de Vigo, fronte a que fora a casa de don Paco para lembrar a súa traxectoria. Fernández del Riego cumpriría este ano o seu centenario, motivo polo que distintos organismos conmemoran ao longo do 2013 a vida do insigne galeguista. Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero ou Ana Fernández del Riego estiveron presentes no acto que lembrou ao celebrado no derradeiro ano de vida de don Paco, cando ceibáronse pombas na honra do home que mantivo a cultura galega na longa noite de pedra. Ademáis da música de A Roda e outras formacións, a Federación Colombófila de Galicia ceibou unhas cen pombas mensaxeiras.