Aparece un ejemplar único de «Cantares gallegos» de Rosalía

Begoña Rodríguez Sotelino
Begoña R. Sotelino VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

M. Moralejo

La pieza fue encontrada en Vigo y tiene una foto inédita de la escritora, un autógrafo y una carta de Fernán Caballero a la autora. Ya se exhibe en la Fundación Barrié

13 jul 2013 . Actualizado a las 00:42 h.

A mostra No principio foi o verso. Rosalía de Castro, que se exhibe na sede viguesa da Fundación Barrié, acaba de dar un froito sorprendente: a aparición dunha peza extraordinaria que os expertos xa catalogan como a gran xoia da coroa. Trátase dun exemplar único, unha primeira edición de Cantares Gallegos que inclúe unha fotografía orixinal que se cre debeu ser tirada na mesma sesión que a coñecida imaxe de María Cardarelly; un autógrafo cos 16 primeiros versos do poema inicial desta obra asinado pola autora; e unha carta manuscrita que Fernán Caballero escribiu a Rosalía en xaneiro de 1864 copiada do orixinal, segundo indica neste documento o autor anónimo do texto.

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, que foi o encargado de presentar o achado xunto ao comisario da exposición, Xosé Barro, e o director xeral da Fundación Barrié, Javier López, indicou que é moi probable que o propietario inicial do libro fora Ramón Segade, un novelista galego amigo da infancia de Manuel Murguía que tamén mantiña unha estreita relación coa súa esposa, Rosalía, e que segundo dixo, «adoitaba a tunear os libros que atesouraba na súa gran biblioteca».

Angueira explicou tamén que o descubrimento debeuse a que unha persoa da zona de Vigo, ao ir visitar a exposición, deuse de conta da importancia dun libro que gardaba nas estanterías da súa casa e inmediatamente púxose en contacto con el, analizaron a obra e chegaron a un acordo de venta en cuestión de semanas.

O propietario preferiu permanecer no anonimato e tampouco transcendeu o custo da peza, aínda que desde a Barrié indicaron que foi «un prezo razoable que puido asumir unha entidade sen ánimo de lucro como a nosa». A peza xa se pode ver na sede da Barrié en Vigo. Con motivo desta novidade, a exposición prolongarase ate o 15 de setembro, un mes máis do previsto. A obra amosarase o primeiro mes aberta pola folla onde aparece a foto e o segundo polas páxinas da carta manuscrita. Despois pasará a exhibirse de forma permanente na Casa Museo de Rosalía en Padrón.

Tanto Angueira como Barro e López amosáronse exultantes ante este achado, xa que é o único exemplar manuscrito de Cantares Gallegos que se coñece e hai escasas probabilidades de que haxa moitos máis, xa que a insigne escritora galega ordenou ás súas fillas queimar todos os seus papeis no seu leito de morte e, anos máis tarde, Murguía rompeu unha a unha as cartas que tiña dela.

O comisario da exposición, Xosé Barro, insistiu na importancia do descubrimento e engadiu que «os ingleses só conservan unha imaxe desmañada e catorce palabras manuscritas de Shakespeare que veneran, polo que apañar unhas poucas de Rosalía debería ser motivo de festa rachada para a república galega das letras».