A Real Academia Galega elixirá mañá ao autor que homenaxeará nas Letras Galegas do 2011

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

A CORUÑA CIUDAD

25 jun 2010 . Actualizado a las 02:51 h.

Sen ningunha polémica previa, a Real Academia Galega vén de anunciar logo por sorpresa que mañá dará a coñecer xa o nome da figura que será homenaxeada o Día das Letras Galegas do 2011.

Pero, segundo aseguraron varios académicos, non existe aínda unha decisión sobre o particular e terán que expoñerse e votarse as diferentes propostas no transcurso da reunión plenaria que se celebrará na propia mañá do sábado da sede da institución na Coruña.

Unha das candidaturas das que se fala é a de Xosé Filgueira Valverde, mentres continúan a soar figuras tan sobranceiras como Valentín Paz Andrade, Ricardo Carballo Calero ou González Garcés, entre outras moitas, que cada ano reciben o apoio das súas localidades de nacemento ou de colectivos concretos que teñen manifestado as súas preferencias.