Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Jaureguizar traza un roteiro de aventuras por Compostela na novela «Corazón de chocolate»

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

CULTURA

02 dic 2010 . Actualizado a las 04:16 h.

Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela

, de Jaureguizar, a primeira entrega dunha serie de novelas que teñen como protagonista a Tintimán, foi presentado onte en Compostela pola súa concelleira de Educación, Mercedes Rosón. O seu departamento servirase deste personaxe para a promoción da lectura e o coñecemento da cidade nas actividades de Nadalxogo. Manuel Bragado, director de Xerais, a editorial que publica o libro, describiuno como «unha novela de intriga histórica de lectura engaiolante».

«Ritmo, acción e aventuras» son os ingredientes, segundo o autor, desta obra que ten Santiago como escenario arriscado do primeiro misterio que ten que descubrir Tintimán, nome do protagonista en homenaxe á revista homónima que xurdira en Vigo nos tempos da movida. As seguintes aventuras que vivirá Tintimán serán na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra, por orde cronolóxica.