O congreso de Cunqueiro salienta a súa vinculación permanente coa modernidade

Camilo Franco SANTIAGO

A CORUÑA CIUDAD

Comeza en Santiago Mil e un Cunqueiros, que se celebra a cabalo de Compostela, Vigo e A Coruña.

28 sep 2011 . Actualizado a las 15:32 h.

César Antonio Molina asegurou nada máis comezar a súa conferencia sobre Álvaro Cunqueiro que era o escritor galego máis importante do século XX. Despois, o poeta e exministro entrou primeiro nas lembranzas do mindoniense e logo na poesía cunqueirián, entendida como a máxima expresión, ou cando menos a máis persoal de todas as amplias e posibles do autor de Cantiga nova que se chama ribeira.

Molina deu voltas á toda a obra poética de Cunqueiro sinalando o seu vencellamento as vangardas, da súa militancia trovadoresca, e dun carácter case xuvenil, inxenuo pero esperanzado que foi sendo máis pesimista conforme o escritor envellecía.

Na apertura do congreso Mil e un Cunqueiros, que ata o sábado se celebra a cabalo de Compostela, Vigo e A Coruña, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega sinalou que ademais das novas perspectivas que se abran sobre a obra do escritor pero máis importante sería que «quedasen algunhas preguntas sobre como se le agora a Cunqueiro e como pode ser lido no futuro».

O congreso trasládase mañá á Coruña para celebrarse no paraninfo da universidade herculina.