Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Arcadio López Casanova: «Ten un dobre valor, porque estou lonxe de Galicia»

La Voz

CULTURA

03 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Arcadio López Casanova sinalou que hai días con «boas noticias», como o de onte, tras coñecer que lle concederan o premio da Cultura Galega na sección de Letras. Segundo o escritor e crítico, a valoración «ten que ser moi positiva porque, en primeiro lugar, é un premio con todo o apoio institucional que dá recoñecemento a unha traxectoria». No mesmo sentido, engadiu que no «xurado están representadas as institucións académicas, artísticas, universitarias e, polo tanto, é un premio concedido por xente que sabe».

Por outra parte, o poeta lucense apuntou que a súa circunstancia de residir actualmente en Valencia e seguir a actualidade de Galicia a distancia aínda lle fai «valorar máis o premio porque supón un conforto para quen está lonxe e traballa tanto na literatura galega como no estudo da mesma». Apunta tamén o escritor que esta distinción «axuda a seguir co labor e salvar un pouco a distancia co país».