Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«A miña intención é que non se perdan nin as tradicións nin as costumes propias dun pobo»

ENTRIMO

01 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O lugar onde un crece é en moitas ocasións o referente literario das persoas ás que les gusta lembrar a nenez. Alberto Pérez Adán saldou unha débeda coa localidade de Olelas en Entrimo. Hoxe, ás cinco da tarde, presentará no seu pobo natal o libro «Olelas na lembranza».

-Vivín alí ata os doce años. Son recordos da nenez nun pobo solitario, en medio do monte, cun desenvolvemento autóxeno.

-¿Dende cando ven a súa afección a escribir?

-Agrádame moito escribir en xeral, sobre as cousas máis variadas. Dende a poesía ata a crítica literaria ou deportiva. Son licenciado en filoloxía francesa e ata agora exercín como profesor de educación física.

-¿Cómo escribiu o libro?

-Coma relatos separados, tipo narrativa aberta. Hai contos, historias e tradicións -como a mallada ou o pastoreo- e vivencias persoais miñas e doutros. Hai varios protagonistas aínda que a principal é a xente e as costumes de Olelas.

-Trata de por un grao de area para a conservación da cultura propia do seu pobo.

-O libro ten dous tipo de letra: normal e en negrilla. A normal é o galego normativo e a negrilla é a forma de falar de alí, medio aportuguesado, evolucionado en si mesmo como un dialecto propio. A miña intención é que non se perdan as tradicións e as costumes propias dun pobo. Eu lembraba cousas de falar, costumes das xentes, etcétera.

-¿A xente de Olelas recoñecerá o que conta?

-Hai referencia á xente propia. A xente pode recoñecer perfectamente o que se conta, as anécdotas, aínda que cos adornos literarios que aporto. . Son historias de persoas que existen. Ao libro engado un listado final de alcumes e nomes propios da xente. Cada alcume era más churrigueresco e esta é tamén unha maneira de que non se perdan.

-Inclúe fotografías da zona, ¿cómo foron feita?

-Unhas fotos son en cor, as que falan da bisbarra e da súa beleza As outras decidín polas en branco e preto porque corresponden ás lembranzas ao que recordo. Algunhas das fotos as mandei facer e outras son miñas.

-¿En qué lugar poría o seu libro se temos en conta a forma de contar e o que conta?

-Está entre a literatura e a antropoloxía. E se se quere de publicidade porque trato tamén de enxalzar toda a beleza da bisbarra.

-Quedará moito que contar sobre este pobo, moitas anécdotas.

-O libro podería ser unha gran enciclopedia. A xente que xa leu o libro dime que podería incluír esta cousa ou a outra, pero resulta totalmente imposible recoller todo o que ocorreu en Olelas ao longo destes anos. Ademais eu non me podo lembrar de todo, porque era un neno. Son as miñas lembranzas.

-¿Cantos exemplares hai do libro? ¿Onde se pode mercar?

-O libro non se vende é gratuíto e está feito coa idea de regalar a toda a comarca entrimeña. Editáronse 500 exemplares para o Concello de Entrimo e 100 para min, e soamente me quedan tres ou catro. Non sei como farei.