A revista galega de humor político satírico Retranca, que onte celebrou o seu primeiro aniversario, xa ten panteón. Así é como denomina o seu director, o ilustrador Kiko Da Silva, á nova sede inaugurada onte pola mañá e situada no corazón da cidade, na rúa Peregrina, número 9. A publicación xa parece consolidada no mercado, con uns 5.500 exemplares de tirada e necesitaba un espazo propio, un lugar de encontro cos lectores, cos anunciantes e tamén cos colaboradores. E por outra banda, é unha maneira de darlle visibilidade á revista. Pola inauguración deixouse caer o alcalde.
Pola inauguración deixouse caer o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, con non dubidaron en brindar -con albariño Marqués de Vizhoja- con Da Silva e os seus compañeiros por «seguir mortos un ano máis», en alusión a todos aqueles agoreiros que non lle daban de vida máis que tres ou catro números como moito. O alcalde bromeou sobre a seriedade dos presentes, moi comedidos, ao que rapidamente, Da Silva contestou cunha cita de Xaquín Marín, «que sempre di que os humoristas somos xente moi seria». O mandatario interesouse pola saúde da publicación e tivo unha resposta moi á galega: «nin subimos, nin baixamos, nos mantemos. O que conseguimos é non ter perdas», dixo o director entre as risas dos presentes. Por certo, que Lores formalizou a súa subscrición a Retranca alí mesmo, no panteón.
Ao longo da mañá, polo novo local pasaron colaboradores como Antón Romero Ces ou o escritor Manuel Lourenzo e tamén Diego Puentes, que será o que quede ao fronte do local a diario Estivo igualmente o Compañeiro, o esquelete da Santa Compaña que o alcalde comparou con Da Silva -«pesa máis ca min», respondeulle o ilustrador- e que permanecerá no local cada mes disfrazado dun personaxe distinto. Os responsables da revista xa lle teñen preparada a vestimenta de Castelao, con chapeu, gafas e pitillo. E no escaparate exterior do local, cada mes colgarase a portada da revista, que no número de novembro recolle a figura do ex presidente do Goberno galego e ex ministro Manuel Fraga Iribarne en minibañador como protagonista do suposto rodaxe dunha película sobre Palomares, Palomares Thunder.
Pola tarde, no Café Moderno do Café Moderno, houbo un acto festivo aberto no que non faltaron máis colaboradores, como o Colectivo Pestinho, Luis Davila ou Alberto Guitián, entre outros. Kiko Da Silva comentou as anécdotas deste ano de vida da publicación e explicou como o proceso creativo antes de presentar o novo número de Retranca, «que dará que falar», según Kiko Da Silva, e de dar paso a actuación do dúo de cantantes humoristas Tetra e Freek. Por certo, que os dirixentes da revista teñen pensado abrir un espazo para novos talentos mostren os seus traballos. Será a partir do número 13. E tamén teñen recibido peticións de editar a revista en castelán, algo que rexeita de plano Da Silva por mor, entre outras cousas, da competencia. O que si poderían facer, en caso de que se consolide, é levala a Cataluña, por suposto traducida ao catalán.
Por outra parte, os empleados de Celulosas están a organizar unha homenaxe ao que fora director de Ence, Adolfo Asuar. A cita está prevista para o 22 deste mes de novembro ás 14.30 horas, no restaurante Mochi. O prezo da comida será de 50 euros por persoa e abonarase nuha conta de Caixanova na oficina de Loureiro Crespo, ou a través dunha transferencia desde calquera entidade bancaria. Os organizadores anima a participar neste acto ao personal da fábrica e xubilados, ou calquera outra persoa que desexe manter un encontro co homenaxeado.