Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O 60% dos europeos que viven en grandes urbes din coñecer Santiago

C. P.

SANTIAGO

29 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A visibilidade de Santiago en Europa é grande considerando que o 60% das persoas ás que preguntaron se coñecían a cidade en Londres, París, Lille, Múnic, Roma e Milán responderon que si, sendo os franceses os que dan a porcentaxe máis alta, cun 77%. O 10% dos preguntados estivo en Santiago, e a maioría por motivos turísticos expresamente e organizaron a viaxe pola súa conta. Do que se lembran é da catedral e do ritual (o botafumeiro é un deles), do patrimonio histórico artístico e en terceiro lugar do ambiente do Camiño.

Estes datos forman parte das conclusións do estudo sobre A realidade actual das peregrinacións a Santiago e a súa relación co turismo , realizado no marco do proxecto europeo Coesima, unha rede se sete cidades de peregrinación de Europa da que Compostela forma parte xunto con Lourdes (Francia), Fátima (Portugal), Loreto (Italia), Patmos (Grecia), Altötting (Alemaña) e Czestochowa (Polonia), O estudo e de carácter cualitativo e foi realizado pola consultora belga Ramboll, precisamente para ter unha visión allea a calquera das cidades implicadas, dado que o mesmo estudo foi feito para cada unha delas. O obxectivo é coñecer a situación para detectar os problemas que impidan que a rendibilidade sexa máis e mellor os fluxos turísticos e ver a maneira de atallalos ou de buscar respostas aos diferentes intereses individuais.

O traballo levado a cabo analiza a oferta actual de Santiago e a demanda, as tendencias turísticas identificadas e a imaxe no estranxeiro, para acabar cunhas recomendacións estratéxicas. En cada apartado avalían as feblezas e fortalezas, cun balance que á hora de estudar a situación con respecto aos peregrinos, se do lado positivo está a relevancia do patrimonio histórico artístico e a imaxe e tradición do Camiño, no negativo sitúan a ausencia de actividades específicas e a falta de información previa. Conveñen que o peregrino non é un simple turista e que as motivación que a traen son múltiples, se vén o foco está en facer o Camiño.

O perfil dos visitantes fano dende o punto de vista do turismo cultural, e resulta que máis do 70% dos españois teñen menos de 45 anos, e dos estranxeiros é maioritaria a presenza de persoas de máis de 46 anos. Máis do 68% teñen estudos universitarios, só un 14% son xubilados e preto do 60% teñen un nivel salarial por riba dos 1.300 euros.