Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Imos favorecer a vivenda nova para que os xóvenes queden no noso concello»

La Voz

SANTIAGO

23 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Alfonsín xa se reuniu coa delegada territorial da Xunta e co presidente da Deputación.

-O feito de que as dúas Administracións sexan do PP coma o goberno local, ¿notarase?

-Sen dúbida, será moi positivo para Dodro e máis a partir do 20 de novembro cando esperamos que o PP obteña unha maioría suficiente para gobernar, o que vai redundar en beneficio de Dodro. Temos proxectos interesantes que dependen da Administración central, sen contar que estamos a traballar para establecer bens de interese cultural e poder optar ás axudas do 1 % cultural. É preocupante que Dodro sexa o único concello que non recibiu absolutamente nada polo paso do AVE.

-¿A aprobación do PXOM notouse nunha maior actividade urbanística?

-Non. O que se notou é un importante incremento das denuncias por incumprimento urbanístico. Recoméndolle a todos os veciños que, antes de iniciar unha obra, se deixen asesorar polo equipo técnico do Concello. Imos favorecer a construción de vivenda nova para tratar de atraer xente ao concello. Para iso imos establecer unha redución do 40 % na concesión de licenza de obra nova. Tamén estamos traballando na posibilidade de ofrecer modelos de vivenda máis económica. Hai que apoiar aos máis xóvenes para que queden en Dodro.