O autor presenta a súa novela «Poñente», editada por Xerais
22 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.O escritor catalán afincado en Galicia, Pere Tobaruela, presenta hoxe, ás 20 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, o seu libro Poñente, editado por Xerais, nun acto que contará coa participación de Juan Monterroso, Lourenzo Fernández Prieto, Xoán Carmona e Manuel Bragado. O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela, Carme e Josep, ela obrigada a cuestionarse a súa identidade sexual, e el un dos pioneiros cataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas asentándose aquí para sacar adiante a industria da salgadura.
-¿Cal é o obxectivo que perseguiu ao escribir esta ficción?
-O motor do libro é a presenza dos cataláns que chegaron aquí para por en marcha a industrias das salgaduras. Ese é o motor do libro. A partir de aquí comeza a parte na que se mergulla unha situación especial e o coñecemento do mundo dos cataláns.
-¿Cal é a razón dese xogo do presente e o pasado?
-A razón do libro é explicar a presenza dos cataláns aquí para por en marcha a industria da salgadura. E a maneira de explicalo é establecendo esa relación do presente co pasado. Son como dúas novelas nunha, pero na que todo está entrelazado. É esa dobre mirada para permitirlle ao lector unha mirada hoxe en día, para explicar ese pasado desde o presente en primeira persoa.
-¿Por que lle interesou afondar nesa pegada dos cataláns na Galicia do século XIX?
-O meu interese é á mesma vez o punto de partida da obra. A protagonista principal está nun cemiterio de Pobra do Caramiñal onde ve, como o autor, unhas lápidas con apelidos cataláns. Entón, a pregunta é que pasou logo.
-¿Que cuestións descoñecidas aluma este «Poñente» sobre a estancia dos pioneiros cataláns aquí?
-Este tema tratouse moi colateralmente na literatura galega. Pero agora, tras esta novela, todos os críticos concordan en que é unha historia que todo o mundo sabe pero que ninguén lera. Entón, eu poño en orde unha serie de ideas, explicoas e xa está.
-¿O espazo da historia é só Galicia ou tamén Cataluña?
-Hai partes que transcorren tamén en Cataluña, en Sitges e Esplugues de Llobregat. Tamén en Porto, porque os cataláns movéronse moitísimo nesa época para buscar os mercados.
pere tobaruela escritor