O tebeo e a novela de terror son os xéneros máis solicitados polos nenos no verán Libros que inclúen un CD e historias que continúan nunha páxina web diversifican as novidades de literatura infantil e xuvenil que aparecen este verán. A oferta complétase coa traducción de clásicos, como o norteamericano Maurice Sendak, e os traballos de creadores de narrativa debuxada, como Fran Jaraba. Segundo o editor Manuel Bragado, «no verán os nenos decántanse polo cómic, a novela de terror e as series de personaxes que conocen durante o resto do ano». Calquera xénero é bo se se mantén o costume de ler.
EVA MARTÍNEZ