A concelleira de Sanidade e Xuventude de Nigrán, Purificación Leal, pon en marcha o programa «Aula Aberta en Educación para a Saude». A finalidade desta proposta formativa en Educación para a Saude, é establecer un lugar de encontro, dende onde distintos profesionais, sobre todo da sanidade, e dende distintos ámbitos, os cidadáns poidan reflexionar sobor dos hábitos da vida cotiá e das actitudes imperantes.
O obxectivo é capacitar aos participantes, á vez que adquiren novos coñecementos, como mediadores na promoción de estilos de vida saudables.
Dende un enfoque médico-psico-social e comunitario, abordaranse distintas áreas, como son a alimentación, a actividade física, a sexualidade, o tabaco e outras conductas adictivas, os cuidados bucodentais, a seguridade vial, os primeiros auxilios, as habilidades de comunicación ou as relacións de equidade, entre outras.
Inscripcións
Neste eido, ábrese o prazo para a inscripción do curso de formación en educación afectivo sexual e igualdade que se desenrrola dende o 23 de febreiro ata o 15 de marzo, en xornadas dos sábados de mañás e tarde, no centro antena de Panxón.
Para a inscripción ou máis información complementaria pódese chamar ao número de teléfono 986 36 65 72 de martes a sábado, de diez da mañá hasta as dúas da tarde e de seis da tarde hasta as nove da noite, ou ben no correo electrónico centroantena@nigran.org.