A Universidade de Vigo e o Instituto de Estudos Miñoranos, coa colaboración da Comunidade de Montes de Saiáns, veñen de publicar un estudo do patrimonio toponímico de Saiáns asinado por Gonzalo Navaza. O profesor universitario analizou a información sobre nomes de lugar froito do traballo de campo do arqueólogo do IEM, Roberto Rodríguez. Este chegou a recoller arredor de 600 nomes en menos dun quilómetro cadradro. Según Navaza, isto débese á orografía irregular que favoreza esta variedade, a dispersión da poboación e a fragmentación da propiedade. O investigador remarca a necesidade de concienciar á cidadanía para a súa conservación, fronte á toponimia onomástica e honorífica, que elimina os nomes tradicionais, ás veces con máis de 1000 ou incluso 2000 anos de historia, como é o caso do topónimo Estea.