0
As mellores imaxes de xaneiro
Facebook
0
WhatsApp
0
O primeiro mes do ano déixanos instantáneas de frío, néboas e olas, pero tamén dunha lúa chea tremendamente fotoxénica. Xaneiro tamén foi mes de precampaña política, resaca navideña e previas de entroido
La Voz de Galicia
La Voz
05/02/2024 10:58 h
A Lúa de Lobo sobre a capela de San Bartolo en Vimianzo. 25/01/2024
Basilio Bello
Ourense convertida en galaxia. 05/01/2024
Santi M. Amil
Primeira vaga de frío na beira do Miño. 20/01/2024
ÓSCAR CELA
Néboas matinais, dentro da ola de frío, na ruta da Pedra e da Auga en Meis. 20/01/2024
MONICA IRAGO
A néboa cubre os parques de cultivo de Carril. 14/12/2023
MONICA IRAGO
As estelas dos avións e o bo tempo protagonizan a posta do sol en Xunqueira (Viveiro). 29/12/2023
PEPA LOSADA
Mañá fría de brétema na desembocadura do río Umia. 24/01/2024
Martina Miser
Coméntase por aí que non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro. 25/01/2024
Santi M. Amil
Brétema e marexada en Faro Silleiro. 30/01/2024
M.MORALEJO
A espectacular praia de Reira co faro Vilán ao fondo. 25/01/2024
Ana García
Unha garza real na lagoa de Baldaio. 24/01/2024
Ana García
Un can xoga coas olas da praia do Orzán nun atardecer despexado, despois de varias semanas sen poder ver o sol. 12/2023
MARCOS MÍGUEZ
Un surfista baixa a praia da Lanzada. 12/01/2024
Martina Miser
Aproveitamento dos últimos raios de sol no banco máis agradecido de Verín. 26/01/2024
Santi M. Amil
BiciCoruña triunfa na cidade herculina. Cada vez é mais habitual o emprego da bicicleta como transporte sostible. 09/01/2024
MARCOS MÍGUEZ
Xóvenes tomando o sol no parque de Bonaval en pleno xaneiro. 24/01/2024
Sandra Alonso
Solpor no camposanto do Pao, en Gomesende. 24/01/2024
Santi M. Amil
Un estudante mira as humidades coas que habita nun piso de aluguer. 15/01/2024
XOAN A. SOLER
Momentos previos a entrada de estudantes aos exames MIR na Facultade de Mediciña, en Santiago. 20/01/2024
XOAN A. SOLER
Un trailer con coches de época queda avariado no medio da ponte do Carme de Abaixo, en Santiago. 12/01/2024
XOAN A. SOLER
Manifestación en Santiago pola defensa do mar. 21/01/2024
XOAN A. SOLER
Un veciño queixase das molestias causadas por un cartel luminoso diante da súa casa. 23/12/2023
XOAN A. SOLER
Saida da auga dos participantes no baño reivindicativo pola recuperación da praia de Panadeira en Bueu.
RAMON LEIRO
Festividade do San Xulián na Illa de Arousa. 07/01/2024
RAMON LEIRO
As palomas toman a Praza das Cinco Rúas de Pontevedra. 01/2024
RAMON LEIRO
O barco de pesca «Nueva Libertad» en dique seco despois de embarrancar na costa de Ribadeo. Todos os tripulantes están a salvo. 17/01/2024
PEPA LOSADA
Abraham Cupeiro posa co seu Cornu Romano despois da presentación da xira que fará coa Orquestra Gaos. 16/01/2024
PACO RODRÍGUEZ
Acróbatas do Circo do Sol no ensaio do espectáculo Ovo. 03/01/2024
PACO RODRÍGUEZ
Espectáculo do Ovo do Circo do Sol. 03/01/2024
Sandra Alonso
Turistas disfrutando da choiva e do vento na praza do Obradoiro. 2/01/2024
PACO RODRÍGUEZ
Desbordamento dos sumidoiros en Fontiñas durante unha forte tormenta. 17/01/2024
XOAN A. SOLER
Unha nai co seu fillo na primeira ola de frío do ano. 08/01/2024
Sandra Alonso
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores durante a celebración do pleno de confianza. 08/01/2024
RAMON LEIRO
Emotivo relevo na alcaldía de Trabada. O novo alcalde, Rubén García, non puido conter as bagoas en todo o acto. 19/01/2024
PEPA LOSADA
Lara Méndez deixa a alcaldía de Lugo para ir de número dous con Besteiro. 08/01/2024
ÓSCAR CELA
Momento do acto de nomeamento de Abel Losada como subdelegado do goberno en Pontevedra. 01/2024
RAMON LEIRO
Comparecencia no parlamento da conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez, polo problema dos pelets nas praias. 12/01/2024
Sandra Alonso
A vicepresidenta segunda do goberno e ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz fotografada no hotel Finisterre de A Coruña. 05/01/2024
MARCOS MÍGUEZ
O conselleiro de Cultura Román Rodríguez ponlle á conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez unha gorra de maquinista de tren no acto dos 150 anos do ferrocarril. 10/01/2024
Sandra Alonso
24 séculos despois, Platón manten a mesma vixencia. 31/01/2024
Santi M. Amil
Mariluz Fandiño, cociñeira da Taberna Daniel, é a encargada de elaborar o manxar que se gañou un posto na Guía Repsol. 19/01/2024
ÓSCAR CELA
Peche do pequeno comercio despois da campaña do nadal en Vilagarcía. 17/01/2024
MONICA IRAGO
Globo abandonado despois da feira Fexturrón en Vilagarcía. 16/01/2024
MÓNICA IRAGO
Facianas de preocupación na xuntanza da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) pola crise dos pelets. 09/01/2024
MONICA IRAGO
Traballadoras da empresa Atunlo concentranse no Grove polo despedimento de máis de cen empregados da fábrica. 12/01/2024
Martina Miser
Axentes da Policía Nacional baixo a choiva nos actos do 200 aniversario da institución. 13/01/2024
Martina Miser
Una marea de pelets llegaron a Galicia en enero. Así estaba la playa do Rostro en Fisterra. 03/01/2024
Ana García
Un grupo de voluntarios limpan de pelets a praia O Piñeirón en O Grove. 10/01/2024
MONICA IRAGO
Alumnos da escola As Bizocas recollen pelets e outros resíduos plásticos na praia de Area Grande, no Grove. 12/01/2024
Martina Miser
Vertedoiro incontrolado no monte Xiabre de Vilagarcía. 23/12/2023
MONICA IRAGO
Ruta BTT dos Callos en A Laracha. 28/01/2024
Basilio Bello
Emotiva despedida de Jozi, unhas das mellores porteiras de fútbol sala feminino do mundo. Vaise do Pescados Rubén Burela para o Bitonto. 20/01/2024
PEPA LOSADA
O emprego dos teléfonos móbiles xa está prohibido nos institutos de secundaria. Na imaxe alumnos do IES Urbano Lugrís de A Coruña. 08/01/2024
MARCOS MÍGUEZ
Momento de humor dos bombeiros na cabalgata de Reis. 05/01/2024
MARCOS MÍGUEZ
Os veciños de Vilagarcía adiantan a celebración do fin de ano tomando as uvas ás doce do mediodía. 31/12/2024
RAMON LEIRO
Vivenda da aldea de Las Preciosas en Santa Comba iluminada durante o Nadal. 22/12/2023
XOAN A. SOLER
Domingo oleiro na Limia. 28/01/2024
Santi M. Amil
O «sentimento» do cigarrón Juan Carlos Castro pesa 22 quilos. 12/01/2024
Santi M. Amil
Un atractivo anuncio de aluguer no Ensanche de Santiago. 31/01/2024
Sandra Alonso
Asistentes ao acto de presentación de Alfonso Rueda como candidato a presidencia da Xunta de Galicia. 07/01/2024
Sandra Alonso
Vigo reflexase no futurista ascensor HALO. 31/01/2024
M.MORALEJO
Imaxe de moda no chamativo peche dunha finca na travesía Xulian Estévez de Vigo. 08/01/2024
M.MORALEJO
Unha barca varada dentro do clásico peche «made in Galicia». 08/01/2024
M.MORALEJO
Comentarios