As outras andoriñas de Galicia

ANDORIÑA DAS BARREIRAS
É de tons marróns e brancos. Loce un colar marrón e carece de mancha branca sobre a cola. Cría nas proximidades de humidais.

06 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.
ANDORIÑA DAS BARREIRAS
É de tons marróns e brancos. Loce un colar marrón e carece de mancha branca sobre a cola. Cría nas proximidades de humidais.
Andoriña (común). Diferénciase da andoriña de cu branco porque todo o seu dorso é escuro e a súa cola moito máis longa. Cría tamén en aldeas, pobos e cidades.
ANDORIÑA DÁURICA 
Diferénciase da andoriña común por esa mancha branca xusto entre a cola e o dorso. E da andoriña de cu branco pola súa longa cola. Outrora moi rara en Galicia, hoxe aparece en boa parte do noso territorio. É a máis escasa das nosas andoriñas.
ANDORIÑA DOS PENEDOS
Totalmente marrón. Cría en acantilados rochosos, pontes, muros de presas... Non migra a África no inverno.
CIRRIO
¡Ollo! ¡Non é unha andoriña! Aínda que moita xente os confunde, pertence a outra familia de aves.