La Voz de Galicia

Un acto ameno con música en directo e a actriz Lara Fernández Noriega

A Mariña

viveiro /  la voz
Lara Fernández Noriega.

26 Nov 2014. Actualizado a las 05:05 h.

O acto do venres na librería Porta da Vila ás 20 horas será sinxelo, duns trinta minutos, aberto a todo o público.

Haberá música en directo co cuarteto de corda do Conservatorio de Música de Viveiro, que interpretará tres pezas, entre elas o «Aleluia» de Leonard Cohen. Tamén a Bach.

A actriz viveirense Lara Fernández Noriega, que dirixe o Espazo Crea de teatro na cidade do Landro, fará unha interpretación dunha parte do texto.

Miguel Sande vén de presentar este libro na Coruña, no estudio de teatro Casahamlet con Manuel Lourenzo e a actriz Chus Álvarez e nas vindeiras datas presentaráo en Compostela coa coñecida actriz Mónica Camaño, recente premio Maruja Villanueva de Interpretación, e cos escritores Anxos Sumai e Camilo Franco.

Este venres, ás 20 horas (ata as 20.30) na librería Porta da Vila, entrada libre.


Comentar