La Voz de Galicia

Suárez: «O Día da Bicicleta de Ribadeo é unha festa para reivindicar o seu uso diario»

A Mariña

e. m. ribadeo / la voz

O alcalde anima a participar na cita que organiza mañá La Voz

16 Sep 2017. Actualizado a las 05:00 h.

Ribadeo celebra mañá, domingo, o Día da Bicicleta, que organiza La Voz de Galicia e RadioVoz. A cita é a partir das 10.30 da mañá, no Cantón, para saír ás once a percorrer as rúas de Ribadeo, ata o faro de Illa Pancha, e regresar por Vilaselán. Entre os ciclistas estará, un ano máis, o alcalde, Fernando Suárez, e a súa familia. O rexedor é un habitual usuario da bici. De feito acostuma a facer longos percorridos os domingos, ata Luarca ou Taramundi, onde almorza. «O domingo pasado fun ata Meira», comenta. O Día da Bicicleta, ademais dunha festa, contribúe a facer máis de Ribadeo una vila amiga das bicicletas, tal e como está declarada: «O que buscamos é concienciar aos condutores de vehículos que a bici tamén o é, aínda que máis feble».

«O acto do domingo é recreativo, lúdico, pero tamén para reivindicar o uso diario que se debería facer da bicicleta. Non só un domingo, senón todo o ano, porque é un medio de transporte cómodo, rápido, ecolóxico... Para andar pola vila non hai un medio mellor que a bici», manifestou o alcalde de Ribadeo.

O domingo, todos están chamados a acudir ao Cantón coa súa bici, ciclistas de todas as idades, para participar nun percorrido ameno, un paseo non competitivo. Presentando o cupón que se publica con La Voz de Galicia participarase nun sorteo, ao remate do percorrido, de diferentes agasallos, entre eles una bicicleta. Tamén, como remate da festa, servirase un avituallamento, para repoñer forzas.

 

Colaboradores

Na organización do Día da Bicicleta de La Voz, ademais do Concello de Ribadeo, colaboran el Club Ciclista del Eo, Deportes Docobo, Hola Ola Ribadeo, La Moda Sport, Pillabikes e Decathlon Ribadeo, ademais de Protección Civil e Policía Local.


Comentar