«Quen me ía dicir que non podo pescar nin xurelos, que é un dos peixes máis miserables que hai no mar»
A Mariña
![](https://cflvdg.avoz.es/sc/w9aNyUWpz76PQuL_qD7xTevj_U0=/768x/2024/02/01/00121706809802717450105/Foto/X30S2002.jpg)
01 Feb 2024. Actualizado a las 21:47 h.
«Quen me ía dicir a min que non podo pescar nin xurelos, que é un dos peixes máis miserables que hai no mar porque ata fai pouco apenas tiña valor». Estas palabras, textuais, son dun home de mar. Un mariñeiro de vocación e poeta porque o leva no sangue. Auténtico, como mariñeiro e como poeta: Xosé Iglesias. Estas palabras del recollen o sentir xeral, seguro, da frota de baixura e de litoral. Por que quen ditan as normas desde os despachos de Bruxelas non escoitan á xente do mar? Á xente que ve amencer no seu barco un día e outro e así durante moitos anos, toda a vida. Ninguén quere máis o mar, ninguén o respecta máis que a xente do mar, xente coma Xosé Iglesias e coma el a milleiros que non saben viviren sen el.