La Voz de Galicia

Viveiro brinda unha completa fin de semana teatral con «Made in Galiza» de Sarabela Teatro o venres e «Palabras», de Baobab, o sábado

A Mariña

Baobab Teatro, na imaxe representando a obra infantil «Puño puñete», volverá este sábado a Viveiro coa función «Palabras», dirixida a público a partir dun ano

As dúas representacións terán lugar no Teatro Pastor Díaz

11 Apr 2024. Actualizado a las 19:40 h.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá de novo unha fin de semana teatral moi completa. Este venres, 12 de abril, Fina Calleja dirixirá a Sarabela Teatro na obra «Made in Galiza». A función dará comezo ás 20.30 horas, e inclúese no programa de dinamización lingüstica da Xunta de Galicia.

E o sábado, día 13, Baobab Teatro representará «Palabras» ás 18.00 horas. Para público desde un ano, e impulsada pola Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas, que custan 2 euros, pódense reservar en rbg.cultura@viveiro.es e tamén na taquilla unha hora antes da función.


Comentar