La Voz de Galicia

Na lembranza de Víctor Moro

A Mariña

FRANCISCO LOPEZ, "CHESQUI"

13 Aug 2024. Actualizado a las 12:22 h.

"Hoxe máis que onte, as mulleres e os homes do pobo andamos na procura de atopar persoas de ben que aposten polo noble causa da política, militen donde militen e profesen a ideoloxía que profesen, sempre que o fagan dun xeito honrado e noble no marco democrático e pensando que ninguén de nós somos poseedores da verdade absoluta, porque a persoa que temos enfrente tamén tén as súas razóns ao igual que as temos nós, para defender as ideas nas que crea....e que non teñen porque ser, nin moito menos, as mesmas nas que creemos e defendemos nós".

Ben, a historia de Victor Moro Rodríguez esta por escribirse e que estaba convencido de que sen dúbida ningunha máis tarde o mais cedo, escribiríase. Os distintos medios de comunicación publicaron algún artigo sobor da vida de Victor Moro. Sen ir máis lonxe teño diante de mín o último que lín na revista do Colexio de Economistas da Provincia de Pontevedra, do que Victor foi o seu presidente de 1980 a 1981, ano no que presentou a súa dimisión ao ter que desplazarse a Barcelona como Director do Banco de España. É evidente que os fillos desta Terra de Breogan non podíamos deixar de recoñecer a laboura desinteresada e vocacional que persoas como Victor veñen desenrolando en favor de Galicia, e no seu caso, de maneira moi especial, na defensa das xentes dos "nosos dous mares".

Tiven a inmensa sorte e privilexio de coñecer a Victor Moro no ano 1978, cando eu tiña 17 anos. Foi precisamente naqueles primeiros meses de 1978 cando recibin unha chamada do xestor administrativo e avogado de O Grove Miguel Lamelas, na que me comunicaba que os señores Manuel Pernas e J. Antonio Biempica, por aquelas datas máximos responsables da U C.D.G na provincia de Pontevedra, tiñan intención de manter unha conversa conmigo para trasladarme o proxecto do Pte.do Governo do Estado Adolfo Suarez e propoñerme que me fixera cargo da implantación en Galicia das Xuventudes de Unión de Centro Democrático. Foi aquí cando coñecin a Victor, él era s persoa encargada polo Pte. Suarez de por en valor na Provincia de Pontevedra da U.C.D.G.

Victor tivo sempre unha idea moi clara do papel que tiña que xogar Galicia no concerto dos pobos do Estado, que era o mismo que por aquelas datas reclamaban os pobos de Euskadi e Catalunya. Sabía e coñecia como ninguén as necesidsdes da Galicia agraria e gandeira; sabía e coñecía as necesidades dos homes e mulleres que traballaban e vivían do mar, dos mariñeiros e as mariscadoras. Victor foi o Director Financieiro do Grupo Pescanova dende o ano 1962 ata o 1975, grupo do que sería impulsor e o seu vicepresidente, o galeguista Valentín Páz Andrade, con quen Victor manterá unha profunda amistade, que tamén compartiría eu dende o ano 1983 ata o seu pasamento en 1987. Victor Moro foi tamén Director Xeral de Pesca e o primeiro civil en desempeñar o cargo de Subsecretario Xeral da Marina Mercante nos anos 1975/76/78. E por elo tocóulle vivir en primeira persoa os temporales huracanados de Nadal de 1978 e Febreiro de 1979, nos que a forzo do vento chega ata os 200 klts. por hora, pegando de cheo nas Rías de Pontevedra, Vigo, Arousa, Muros e Noia. As perdidas e desperfectos ocasionados foron cifrados en máis de 1.000 millóns de pesetas. Sufriron desperfectos moi considerables e foron ao fondo perto de 100 bateas, a flota de baixura véuse totalmente afectada, barcos fundidos e desfeitos nos mesmos portos de atraque, etcétera.

E hoxe, 45 anos despois destes acontecementos, as xentes do mar ainda lémbran con nostalxia, profundo respeto e admiración, como é o caso de Manuel Bravo Frieiro, expatrón maior e exalcalde da vila mariñeira de Rianxo, ou Raúl Fraga Mascato, expresidente da primeira asociación cooperativista de mexilloeiros, non só de Galicia senón tamén do Estado, "Amegrove", creada no ano 1977 na tamén vila mariñeira de O Grove, os dous destacan o papel comprometido de Victor Moro naqueles días e os posteriores, diante das necesidades acruciantes das familias mariñeiras afectadas por estes temporales, articulando e promovendo as primeiras subvencións e os primeiros préstamos blandos que tiñan recibido as xentes do mar ata aquel intre. Temos que lembrar que por aquelas datas non existía todavía o governo da Xunta de Galicia, dependíamos exclusivamente dos fondos procedentes do Governo Central, coas dificultades que conlevaba esa situación..."hoxe máis que onte, as mulleres e os homed do pobo andamos na procura de atopar persoas de ben que aposten pola noble causa da política...."

A historia continúa.

Francisco López "Chesqui. Secretario xeral do Partido Galeguista e membro fundador das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco.


Comentar