La Voz de Galicia

Barreiros organiza a Carreira de Reis Solidaria e unha andaina popular este domingo

A Mariña

A andaina terá un percorrido de 9 kilómetros e unha dificultade media-baixa a carreira absoluta, 8

08 Jan 2025. Actualizado a las 18:11 h.

O Concello de Barreiros organiza a súa tradicional Andaina e tamén a Carreira Popular Solidaria de Reis, que terán lugar este domingo, 12 de xaneiro, nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa entrega de dorsais. Ás 11:00 horas terá lugar a saída da andaina solidaria, cun percorrido de 9 kilómetros e unha dificultade media-baixa. Posteriormente, realizaranse as probas infantís, organizadas por categorías e adaptadas ás distintas idades, que se sucederán a partir das 11:10 horas. Finalmente, ás 12:00 horas, dará comezo a carreira absoluta cun percorrido de 8 kilómetros.

Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal, destaca o carácter integrador e solidario desta xornada. «Este día celebramos moito máis que unha competición deportiva. Buscamos fomentar hábitos de vida saudables, apoiar causas sociais e crear un espazo para o encontro e a convivencia. Desde o Concello de Barreiros animamos a toda a veciñanza a participar e a desfrutar dun día que une deporte e solidariedade».

 


Comentar