La Voz de Galicia

A Editorial Galaxia recibirá este venres o Premio Cunqueiriana de Honra 2025

A Mariña

Antes, ás 11, hai unha ofrenda floral no cemiterio vello diante da tumba de Cunqueiro, do que se cumpren hoxe 44 anos da súa morte

27 Feb 2025. Actualizado a las 21:33 h.

Este venres 28, coincidindo co cuadraxésimo cuarto cabodano de Álvaro Cunqueiro, faráselle entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 á Editorial Galaxia, editora da maior parte das obras de Álvaro Cunqueiro, tales como Merlín e Familia, As crónicas do sochantre, O incerto señor don Hamlet, ou Os Outros Feirantes, entre outras. Será en Mondoñedo, no marco dos actos conmemorativos da efeméride do escritor, ó mediodía. Antes, ás 11, haberá unha ofrenda floral no cemiterio vello.


Comentar