La Voz de Galicia

Burela conmemora este sábado el 30 aniversario de su alfombra floral unida

Burela

y. garcia burela/la voz

El tapiz está este año dedicado a la multiculturalidad local pues en Burela viven personas de 44 nacionalidades diferentes: «Somos un claro exemplo de convivencia»

03 Jun 2023. Actualizado a las 12:01 h.

Las fiestas de Burela encaran su gran fin de semana. Este sábado amanecen más de lo habitual porque a partir de las nueve de la mañana aproximadamente ya comenzará la confección de la alfombra floral en la que desde hace 30 años se trabaja de forma unida, pues antiguamente se adornaban diferentes tramos del recorrido de la procesión entre la iglesia parroquial y el puerto de forma individual y separada. Ahora, el tapiz conjunto, obra de arte colectiva pero efímera, une a la colectividad. Ocupa aproximadamente 600 metros de largo por 6 de ancho. Seis tramos contaban con su propio equipo de trabajo y coordinador, pero actualmente se reordenaron en cinco. El tema este año es la multiculturalidad, homenajeando a las más de 40 nacionalidades que viven en Burela, reflejando así en la alfombra floral su cultura y tradiciones. «Burela é un sitio moi bo para vivir e compartir con moita xente, aquí estamos e convivimos 44 nacionalidades e, polo tanto, somos un exemplo claro de convivencia. Así que a desfrutar das festas, porque eu penso que se pasan ben», señalaba el alcalde burelense en funciones, Alfredo Llano, ayer.

«Quero dirixirme a todos os veciños e veciñas de Burela para desexarlles que pasen unhas boas festas, que teñan moitos convidados e que se sintan orgullosos do pobo» (Alfredo Llano, alcalde en funciones de Burela)

Este sábado habrá pasacalles a cargo de Asubíos da Chaira (Cospeito) y de la Banda de Música EGS (Lugo), que volverá a actuar en la sesión de tarde a las 17.00 y en la del concierto de la Agrupación Musical Santo Inocencio a las 20.00. La sesión vermú (14.00) contará con Saudade, que también estará en la verbena (23.00) con La Favorita. La procesión de bajada al puerto será a las 21.00 horas.

Martín Lestao, presidente de Burela Floral: «Os materiais deben ser brandos porque hai quen baixa descalzo»

Martín Lestao preside a asociación Burela Floral, pero tamén coordina un tramo da alfombra floral que este sábado se confecciona.

—O resultado vese este sábado, un dos días grandes das festas, pero é froito de meses de moita preparación e planificación.

—Levamos meses xa preparando todo para a alfombra floral: dende primeiros de marzo escollendo o tema e os deseños, en abril dedicándonos ás plantillas e en maio, dende o día 8, no picado do verde. Esta semana tamén nos ocupamos do teñido da viruta e da sal.

—Tamén toca tomar moitos cafés, pois é un ingrediente clásico ainda que non para beber.

—Si. Dende primeiros de maio tamén vamos recollendo os pousos de café que a hostalería do pobo nos garda, que poñemos a secar e despois se criba.

—Como resultou este ano a recollida da flor para a alfombra?

—Flor fomos conseguindo nos ultimos días. Non houbo queixa. A hortensia cada vez abre máis tarde, polo tema das podas. Pero tamén fomos conseguindo bastante rosa, que é a máis delicada con este tempo.

—Permítense outros materiais?

—Damos carta blanca para meter outros materiais pero teñen que ser brandos porque hai quen baixa descalzo na procesión, xente que se ofrece. Igual pasa coas bolas das palmeras, as semillas de eucalipto e as cunchas, que por esa razón non se poden utilizar. Intentamos utilizar materiais naturais. Este ano incorporamos xa en maior medida, en sitios puntais, a area de canteira que teñimos de diferentes cores.

«O material hai que procesalo e traballalo, de aí a necesidade de relevo xeneracional que pedimos todos os anos»

—Por tanto, non é chegar ao sábado da procesión e poñerse a traballar na alfombra. É posible porque hai moitas mans e moita estrutura de planificación antes.

—Claro, o material hai que procesalo e traballalo, de aí a necesidade do relevo xeneracional que pedimos todos os anos. Neste traballo participa xente de todas as idades, pero algunha xa vai moi maior, por iso necesitamos que entre xente nova, con ganas e forza.

—Aos novos píllaos con exames.

—Eu, cando empecei a coordinar o tramo, estaba estudando Bellas Artes en Pontevedra e pasaba fins de semana de maio indo e vindo de Pontevedra a Burela.

—Imaxino que non é fácil calcular canta xente participa ao final na alfombra, entre os preparativos e o día sinalado da confección.

—Non, non é nada fácil calculalo. Só poido dicir que son centos de persoas as que participan e o día da alfombra moitísima xente.


Comentar