La Voz de Galicia

A comisión de festas de Burela busca público para acudir o 22 ó «Bamboleo» da TVG

Burela

burela / la voz
En imaxe de arquivo, procesión nas festas patronais de Burela

Hai que anotarse antes do 15 de outubro enviando un wasap ó número 631 452 722

13 Oct 2024. Actualizado a las 16:47 h.

A comisión de festas de Burela fai un chamamento á veciñanza para participar como público no programa de televisión «Bamboleo», que se gravará o martes 22 de outubro no Plató 1000 en Santiago de Compostela. A gravación comezará ás 18.30 horas e prolongarase ata as 23.00. As persoas interesadas en asistir deben anotarse antes do 15 de outubro enviando unha mensaxe de wasap ao número 631 45 27 22. Unha vez enviada a mensaxe, recibirán un formulario de inscrición para completar a súa participación. «Desde a comisión de festas de Burela estamos entusiasmados con esta oportunidade de representar a nosa vila e as nosas festas nun dos programas máis coñecidos da televisión galega. Invitamos a toda a xente de Burela a sumarse e gozar dunha tarde de diversión, deixando o nome do noso pobo ben alto», convidan.


Comentar