Roi Casal en concerto polo Día das Letras Galegas en Cervo
Cervo
Alfonso Villares invita a asistir a un evento «de auténtico nivel» e gratis, o próximo día 17
09 May 2022. Actualizado a las 22:07 h.
Un concerto de Roi Casal, o 17 ás 19.00 horas na fábrica de cerámica de Sargadelos, con entrada libre, será o prato forte da programación en Cervo para conmemorar o Día das Letras Galegas, que organiza o Concello de Cervo en colaboración coas asociacións Airiños do Xunco e As Espalladoras.
O mesmo Roi Casal acudiu onte a Cervo a presentar o concerto, en compañía do alcalde, Alfonso Villares; a concelleira Dolores García Caramés e dunha representación da asociación Airiños do Xunco. A cita, que forma parte da xira «Descubrindo a Habana galega», será o espectáculo «Son galego, Son cubano», froito da colaboración de Roi Casal con Xosé Neira Vilas (ata o seu falecemento en novembro de 2015), que se representou por primeira vez en el Gran Teatro da Habana en maio de 2016 e que dende entón xa foi visto por máis de cen mil espectadores.
As actividades, o mesmo día 17, que xixarán en torno á figura do homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Florentino Delgado Gurriarán, comenzarán ás 13.00 horas na praza do Souto, coa entrega de premios do concurso literario Airiños do Xunco. Tamén está prevista unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán,ademáis da actuación do Grupo Cordenaia e do espectáculo infantil «Historia de Blancaflor».
Previamente, o domingo 15, da man e As Espalladoras, terá lugar a presentación das obras do escritor mariñán Tony Cazás, ás 19.00 horas no auditorio da Casa da Cultura.