La Voz de Galicia

Tristeza en Mondoñedo polo falecemento do enfermeiro Víctor Vila, que foi concelleiro do BNG moitos anos

Mondoñedo

Víctor Vila, á dereita, en imaxe de arquivo xunto con Orlando González Cruz, quen foi alcalde de Mondoñedo polo BNGVíctor Vila, á dereita, en imaxe de arquivo xunto con Orlando González Cruz, quen foi alcalde de Mondoñedo polo BNG

O Concello expresou publicamente as súas condolencias

20 Jan 2025. Actualizado a las 14:20 h.

Tristeza en Mondoñedo polo falecemento de Víctor Vila López, que era enfermeiro e foi concelleiro do BNG na corporación municipal durante moitos anos. No 2007 formou parte da lista encabezada polo médico Orlando González Cruz, quen foi alcalde.

Ademais, Vila residiu a Asociación de Pescadores do Río Masma. O Concello de Mondoñedo expresou as súas condolencias trala morte dunha persoa que era especialmente aprezada e que, entre outros, denunciou sempre as carencias e os recortes na sanidade pública da Mariña.


Comentar