La Voz de Galicia

José Manuel Balseiro toma posesión do seu cargo como senador

O Valadouro

José Manuel Balseiro (PP), xurando o cargo como senador

O mariñao substitúe nesta condición á actual conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que renunciou por incompatibilidade coa súa nova responsabilidade

25 Apr 2024. Actualizado a las 13:00 h.

José Manuel Balseiro tomou posesión o pasado mércores, durante o Pleno, do seu cargo como senador de España. Substitúe nesta condición á actual conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que renunciou por incompatibilidade coa súa nova responsabilidade.

Balseiro naceu no Valadouro en 1962 e reside desde hai anos na localidade cervense de San Cibrao. Compaxina a función de senador coa súa condición de concelleiro do grupo municipal popular no Concello de Cervo e de coordinador xeral e portavoz do PP na provincia de Lugo.

Estivo ata agora na mesa do Parlamento galego onde foi portavoz de Pesca.

 


Comentar