La Voz de Galicia

Lois Diéguez presenta na Porta da Vila en Viveiro «As voces amadas»

Viveiro

y. g. viveiro/la voz

Acompañado da profesora Xulia Canoura, a actriz María Barcala e o director teatral Xulio Lago

14 Mar 2023. Actualizado a las 14:15 h.

Este mércores 15 tamén terá lugar en Viveiro a presentación do libro As voces amadas, de Lois Diéguez, autor que estará acompañado no evento literario por la profesora Xulia Canoura, a actriz María Barcala e o director de teatro Xulio Lago. A cita será en Espazo Lector Porta da Vila, na rúa Pastor Díaz, a partir das 19.30 horas. As voces amadas é unha publicación da Editorial Galaxia que suma a unha serie de obras das que Diéguez foi autor como A torre de Babel (1968), O tempo sen saída, A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor en 1986) ou Artusa en novelas, así como poemarios Albre de espranza (1966) ou O ferro dos días (1982).


Comentar