La Voz de Galicia

Charla este sábado no Vicedo sobre a influínte familia Vivero

Viveiro

<span lang="gl">A igrexa de Santo Estebo do Val, no Vicedo, en imaxe de arquivo</span>

Dará comiezo ás 10.30 horas na igrexa de Santo Estevo do Val

16 Aug 2024. Actualizado a las 18:42 h.

A igrexa de Santo Estevo do Val acollerá este sábado, 17 de agosto, ás 10.30 horas unha charla sobre a familia Vivero. Organizada polo Concello do Vicedo e a Asociación Cultural Orde Templaria, será ofrecida polo investigador Antonio Lage-Seara e levará por título: «Os Vivero. as orixes. Unha familia local influínte na historia universal». Segundo explica Lage-Seara, a cita aspira a axudar a divulgar «a historia dunha familia que detentou moito poder na Corte, saltando a América e Asia».  

«A familia foi oriunda da zona, onde estivo vencellada por séculos. Os Vivero foron Señores de Viveiro, e máis tarde recompensados como Señores de Galdo, que incluía as parroquias de Cabanas, San Román, San Esteban... Tiveron durante catrocentos anos verdadeiro poder, e apenas se mencionan», avanza o relator. 

 


Comentar