Cinco podios cambadeses no Galego de Veteráns
Arousa
26 May 2009. Actualizado a las 02:00 h.
Notable a participación dos raquetistas cambadeses no Campionato Galego de Veteráns de Tenis de Mesa disputado a pasada fin de semana en Pontevedra. O balance, tres subcampionatos e dous terceiros postos.
O sábado, nas probas por equipos, o Cambados TM rematou segundo no cadro de máis de 40 anos, co Salnés TM terceiro. En máis de 50 anos, o Cambados TM fíxose co terceiro posto.
Na xornada do domingo, centrada nas probas individuais e por parellas, Ñajo Padín acadou sendos subcampionatos en máis de 40 anos coa camisola do Cambados TM. En individuais, e no dobres formando parella co coruñés Alberto Trapiello.