«Na primeira novela un permítese ser máis gamberro»
Arousa
03 Jan 2010. Actualizado a las 02:00 h.
A vinoteca A dos Piñeiros, de Cambados, albergaba onte á tarde a presentación da primeira novela do cambadés Exidio Cuíñas, titulada Salgadoiro de queixo e mozzarella e publicada por Todogrove Edicións. Minutos antes do acto, Cuíñas falaba así do seu traballo.
-¿Que fai un economista metido a literato?
-Eu non son un escritor, esta é a miña primeira novela. E en canto ao de ser economista, simplemente o son, non lle daría demasiada importancia a iso.
-¿Qué imos atopar nesta novela?
-A novela ambiéntase a principios da década dos noventa, que me interesaban porque os efectos da globalización comezaban a ser tremendos. O que quería era situar a un personaxe perdido polas circunstancias. O protagonista toma unha decisión moi drástica, é a busca de el mesmo.
-O título é moi suxestivo.
-O título é un pouco sarcástico, porque a novela xoga moito coa ironía. A simboloxía do salgadoiro gústame pola súa versatilidade, incluso como un lugar para esconder os recordos.
-¿Está ambientada en Cambados?
-Si, pero tamén noutros lugares, Arxentina, As Malvinas, Madagascar,...
-¿Pensa xa noutros traballos?
-A novela leva xa algún tempo preparada, pero xa estou facendo outras cousas. Na primeira novela un permítese ser máis gamberro, pero agora xa estou traballando noutros proxectos.