La Voz de Galicia

Notable actuación dos atletas vilagarciáns en Lugo

Arousa

La Voz

22 Apr 2010. Actualizado a las 02:00 h.

O equipo de atletismo Narón participou o pasado sábado en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Clubs, con tres deportistas vilagarciáns nas súas filas.

Kevin López foi segundo no salto de altura cunha marca de 1,85 metros, un centímetro por riba do seu mellor rexistro persoal ata o momento e mínima para acudir ao vindeiro Campionato de España Xuvenil ao Aire Libre (Nerja, 10 e 11 de xullo). Daniel Doce, pola súa banda, foi cuarto en salto con pértiga, elevándose 3,20 metros. No cadro feminino, Verónica Cores fixo 10,78 metros no triple salto, 20 centímetros por debaixo da súa mellor marca, rematando quinta. Ademais, foi sétima no relevo do 4x100.

Coa colaboración arousá, o Narón concluíu en Lugo cun cuarto posto por equipos na categoría masculina e un sexto na feminina. A vindeira cita do atletismo vilagarcián será o 9 de maio, no Campionato Galego Cadete.


Comentar