Camisetas contra a Lomce e polo ensino público
Arousa

14 Jun 2013. Actualizado a las 06:57 h.
Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, onte tivo lugar na praza de Galicia de Vilagarcía unha concentración en contra da nova lei educativa e a favor do ensino galego. O acto, entre reivindicativo e festivo, contou co apoio de Galiza Nova. Ademais de despregarse pancartas no chan da praza, os asistentes ao acto pudieron facerse con camisetas azuis nas que se defendía o ensino como un dereito dos cidadáns, «non un privilexio».