La Voz de Galicia

Tres puntos separaron aos Ingleses do título nunha final a cara ou cruz

Arousa

vilagarcía / la voz

O equipo vilagarcián caeu 27-24 co C.R. Ferrol

13 Apr 2019. Actualizado a las 22:17 h.

Foi 27-24 para o Club Rugby Ferrol, como puido ter sido 24-27 para Os Ingleses Rugby Club. O título de campión da Primeira División Galega quedou na tarde do sábado na casa nunha final no Estadio da Malata na que o conxunto vilagarcián a piques estivo de evitar a reválida do seu rival, campión tamén a pasada tempada.

Tanto é así, que os homes de David Lema amosaron cun rugbi incisivo unha evidente superioridade na primeira parte sobre o seu anfitrión, lastrada pola incapacidade visitante de reflectila nun marcador con empate a 13 ao descanso. O técnico dos Ingleses sorprendeu o seu homólogo do C.R. Ferrol cunha serie de trocos no seu quince cos que non só taponou o problema vilagarcián nas melés evidenciados nos catro choques precedentes este curso entre ambos finalistas. A entrada de Gamba na primeira liña, o paso de Gambita da terceira á segunda, e a aliñación de Biris de oito na terceira liña déronlle unha superioridade notoria aos Ingleses nesa fase estática, levando o C.R. Ferrol á comisión de numerosos golpes de castigo ben aproveitados polos de Lema.

Logo de empatar a 13 na derradeira xogada da primeira parte, o defensor do título reaccionou á volta de vestiarios, forzando uns segundos 40 minutos igualados. Equilibrio que soubo desnivelar no marcador con curtas pero continuas vantaxes, iniciadas cun golpe de castigo anotado aos dous minutos da reanudación.


Comentar