Antón Paz e Ero Pons colaboran nun programa piloto para os Xogos 2024
Arousa
Media ducia de parellas foron seleccionadas para traballar durante os últimos catro meses no Centro de Alto Rendemento de Santander
06 Feb 2021. Actualizado a las 05:00 h.
O Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Real Federación Española de Vela que dirixe o vilagarcián Carlos Paz botou rodar no último trimestre do 2020 un programa piloto na clase 49er dirixido a potenciar a evolución daquelas parellas de novos regatistas españois que máis estiveron a despuntar nos seus últimos anos nas clases preolímpicas de formación coa vista xa nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Sobre esta premisa, Carlos Paz e o seu equipo seleccionou media ducia de parellas, entre elas a formada polos galegos Martin Wizner e Pablo García, para traballar durante os catro últimos meses no Centro de Alto Rendemento de Santander baixo as ordes do adestrador malagueño Carlos Llamas e cun equipo técnico no que figuraban tamén os vilagarciáns Ero Pons e o último campión olímpico na clase Tornado, Antón Paz. Os bos resultado obtidos da experiencia fan que se estea a barallar trasladar o formato a outras clase olímpicas, sinalan desde a RFEV.