«Facer Camiño», a arte volve a Vilagarcía
Arousa
A sala Antón Rivas Briones recupera o pulso cultural cunha exposición auspiciada pola Real Academia Galega de Belas Artes
26 Feb 2021. Actualizado a las 21:48 h.
Despois do longo parón cultural provocado pola covid-19, onte inaugurouse na sala Rivas Briones de Vilagarcía a mostra «Facer Camiño». Con ela, volve a alentar a actividade neste recinto cultural da capital arousá. E de que maneira. A mostra recolle pinturas, esculturas e fotografías de destacados creadores galegos, como Manuel Buciños, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Acisclo Manzano, Manolo Paz, Soledad Penalta ou Miguelanxo Prado, entre outros moitos artistas. No acto inaugural estiveron o alcalde de Vilagarcía Alberto Varela e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.