Celia Castro pasa á final nacional dos 600 co mellor tempo
Arousa
27 Mar 2022. Actualizado a las 05:00 h.
A cambadesa da Mazí, Celia Castro Padín, disputa esta mañá, desde as 12.40 horas, a final da proba dos 600 metros lisos do Campionato de España de Pista Cuberta Sub 16. Faino logo de dar onte unha mostra de poderío no estadio de Sabadell, gañando a súa serie e marcando o mellor tempo das tres semifinais cun crono de 1.36.65, mellorando en case un segundo a súa marca.