La Voz de Galicia

O BNG propón que o Museo da Salga de Moreiras leve o nome de Luís Rei

Arousa

l. castro o grove / la voz

A petición conta co apoio de colectivos culturais, deportivos e ecoloxistas da localidade meca

02 Jun 2022. Actualizado a las 05:00 h.

O BNG do Grove busca impulsar e recoñecer a figura do desaparecido escritor Luís Rei, promotor da cultura marítima alén das fronteiras do municipio, político e recoñecido biógrafo de Cabanillas e veciño da localidade. A formación que lidera David Torres levará a pleno unha moción para que o Centro de Interpretación da Pesca e da Salga de Moreiras leve o seu nome, xa que consideran que a vila está en débeda con el, dada a súa contribución á recuperación do patrimonio marítimo e a súa difusión mediante artigos que poñían en valor a cultura mariñeira, entre outras moitas cousas.

A petición promovida dende o Bloque conta co apoio de colectivos como os Amigos da Dorna Meca, os clubs de remo Mecos e Amegrove, a Asociación pola Memoria Histórica do Grove, Asociación Barlovento, Colectivo Etnográfico Mascato, Amigos do Quinteiro e o Colectivo Ecoloxista do Salnés, do que foi presidente.


Comentar