Oito conxuntos no primeiro Torneo Cambados Clae Viajes Alevín
Arousa
O campionato comeza esta tarde e estenderáse ata o domingo no campo de Burgáns
24 Jun 2022. Actualizado a las 05:00 h.
O campo de Burgáns é, desde hoxe ás 17.30 horas e ata a tarde do domingo, escenario da primeira edición do Torneo Cambados Clae Viajes Alevín. Unha iniciativa do Club Juventud Cambados en colaboración coa Administración local, que nace con oito equipos participantes e vocación de rápido crecemento. CD Fabero (León), Real Valladolid, Cuatrovientos (Madrid), La Amistad (Zamora), Porriño Industrial, Victoria e unha selección do Salnés e o anfitrión, CJ Cambados, pelexarán por ser o primeiro campión.