La Voz de Galicia

O programa de motociclismo de base «Xogade coas motos» arrinca o día 19 en Vilanova

Arousa

h. p. /  vilanova / la voz P.P.V. vilanova / la voz

Ofrecerá a rapaces de 6 a 16 anos a posibilidade de probarse subidos a unha moto co seu mono e o seu casco

04 Aug 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Xogade coas motos chegará a Vilanova de Arousa o vindeiro 19 de agosto da man de VF Timing e da Federación Galega de Motociclismo en colaboración coa Xunta de Galicia. O evento forma parte do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos.

O sábado 19 de agosto o polígono vilanovés de Baión acollerá a primeira proba desta actividade, que pretende fomentar o motociclismo de base facilitando o acceso dos pequenos á velocidade. Os rapaces terán acceso gratuíto ás motos, monos e cascos para realizar distintos exercicios de habilidade, que serán controlados por monitores que analizarán o nivel do pequeno e informarán do mesmo aos seus pais.

A actividade pasará posteriormente polo circuíto de Robra en Outeiro de Rei (Lugo), pola Laracha (A Coruña) o 16 de setembro e finalizará o 2 de decembro no Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur en Ourense.


Comentar