Cómoda vitoria do Asmubal Meaño a costa do pechacancelas
Arousa
O Siero só foi quen de poñerse por diante nos primeiros compases do choque e aguantar os oitos minutos iniciais de partido
03 Oct 2023. Actualizado a las 05:00 h.
Sorprendido. Así volveu o adestrador do Inelsa Solar Asmubal Meaño na noite do sábado da visita á cancha do Siero Deportivo Balonmano. Certo é que o cadro asturiano viña de encaixar dúas grandes derrotas que o relegaran a pechacancelas. Pero Juan Costas agardaba igualmente a un rival aguerrido, semellante ao que a temporada pasada fixera boa a súa condición de anfitrión derrotando o cadro meañés. Lonxe diso, o 24-34 final reflicte a clara superioridade do colectivo galego.
O Siero só foi quen de poñerse por diante nos primeiros compases do choque e aguantar os oitos minutos iniciais de partido. Ao descanso, 10-17 e partido listo para que Juan Costas cambiase a defensa en 3-2-1 que está a traballar este curso coa súa ata este ano habitual 6-0. Nin cunha nin coa outra quedou satisfeito da intensidade e do axuste executados polas súas pupilas. No caso das dez de campo, de volta coa satisfacción ofensiva de ter anotado todas.