Vitoria agónica do Asmubal Meaño ante o pechacancelas
Arousa
O cadro de Juan Manuel Costas a piques estivo de pagar caro a súa falta de rotación polas súas numerosas baixas
06 Nov 2023. Actualizado a las 19:34 h.
As baixas están a obrigar o Inelsa Solar Asmubal Meaño a xogar con lume. Se unha semana atrás conseguía un agónico empate co daquela pechacancelas, o Cañiza, o pasado sábado o cadro que dirixe Juan Manuel Costas salvou a vitoria practicamente sobre a bucina ante o novo último clasificado, o Porriño.
Con Eli Méndez baixa para o resto da temporada, con Agustina Ballada cumprindo o seu segundo partido de sanción e con Cárol Ferreira a medio gas, o Asmubal foi 40 minutos a remolque do Porriño, marchouse despois de 4 e desfixo o 26-26 cun gol de Laura a 20 segundos do final.
FICHA DO PARTIDO:
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (27): Dolores Pulti, María Currás (1), Sofía Arangio (10), Kathiely Martins (1), Raquel Sineiro (1), Paula Rey (1) e Cárol Ferreira (5) —septeto titular—; Sabela Miniño (2), Lucía Caneda e Laura Miniño (6).
RUBENSA BM PORRIÑO (26): Lago, Lucía Álvarez (2), Aroa Fernández (9), María Groba (3), Marta Groba (1), Carme Castro (3) e Marta Martínez (4) —septeto titular—; Cortiñas (1), Castiñeira, Athenea (2), Raimúndez, Gil (1), Garcías-Navas, Andrea Fernández e Samar.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-3, 2-4, 5-7, 8-10, 11-13, 13-16 (descanso); 14-17, 17-18, 21-19, 24-22, 26-22 e 27-26.
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Carlos Rodríguez e Samuel Alonso. Castigaron con 2 minutos as locais Sabela, Currás e Laura e as visitantes Marta Groba e, dúas veces, a Marta Martínez.