La Voz de Galicia

Arousa Moza organiza un intercambio con mozos europeos

Arousa

O proxecto leva como nome «O futuro é ecolóxico» e pretende aumentar a conciencia sobre o turismo sostible

16 Feb 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Arousa Moza organiza dende hoxe un intercambio xuvenil de sete días de duración no que participarán 47 mozos e mozas chegados de toda España, pero tamén de Romanía, Portugal, Bulgaria, Italia, Estonia e Macedonia do Norte.

O proxecto leva como nome O futuro é ecolóxico e pretende aumentar a conciencia sobre o turismo sostible como forma de promover un estilo de vida saudable, inclusivo e tolerante. «As sesións seguirán as bases da metodoloxía non formal, grazas á que os participantes aprenderán ao seu ritmo e apréndese facendo actividades, afastándose das metodoloxías tradicionais», explica Arousa Moza.


Comentar