Empate do C.X.F. Viajes Interrías co Círculo Ferrolano
Arousa
O conxunto vilagarcián é agora cuarto na clasificación da Liga Galega de División de Honra
29 Feb 2024. Actualizado a las 05:00 h.
A segunda rolda da Liga Galega de División de Honra de Xadrez enfrontou o pasado sábado en Vilagarcía o C.X. Fontecarmoa Viajes Interrías-Sanxenxo con outro candidato ao título, o Círculo Ferrolano. O duelo rematou en táboas, 3-3, co cadro anfitrión agora cuarto na clasificación da Liga con 7 puntos, polos 9,5 do líder, Ourense.