Mondra, música de raíz e electrónica nos Xoves de Códax
Arousa
A terraza do verán viviu o seu penúltimo concerto deste ano cunha mestura de tradición e vangarda
02 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.
O ciclo musical Os Xoves de Códax vai poñendo proa ás súas últimas actuacións. A de onte tivo como protagonista a Mondra, un artista multifacético que encheu a terraza do verán do Salnés de música de raíz e electrónica, fusionando tradición e vangarda. E por suposto, a degustación das mellores elaboracións da adega Martín Códax nunha celebración musical, artística e cultural. O compromiso social desta programación é un dos seus sinais de identidade irrenunciables. Desta volta, a recadación do penúltimo Xoves de Códax deste ano será destinada integramente á Cociña Económica de Santiago de Compostela.