La Voz de Galicia

O delegado da Xunta visita obras en Cambados e anuncia novas pavimentacións noutros concellos

Arousa

La Voz Cambados

As actuacións inscríbense no Plan Marco da Consellería do Medio Rural

20 Aug 2024. Actualizado a las 18:32 h.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este martes en  Castrelo (Cambados) para supervisar as obras de pavimentación realizadas en Couto de Abaixo dentro do Plan Marco 2023-2024. Os traballos contaron cun orzamento de preto de 50.000 euros e permitiron mellorar a seguridade viaria na zona.

O delegado, que estivo acompañado polo alcalde e concelleiros do municipio, aproveitou a visita para anunciar outras obras que se levarán a cabo neste concello para a pavimentación de camiños en Covas Lobos e Revolta, nas parroquias de Vilariño e Castrelo, así como noutros municipios arousáns, cun investimento próximo aos 500.000 euro: en camiños municipais de Catoira; o camiño de Ameiró, en Meaño; o acceso a parcelas agrícolas nas parroquias de Meis; a pista da Barosa e o camiño do Ullán, en Pontecesures; o acceso aos núcleos de Outeiro e Puxafeita, en Ribadumia; o vial principal entre Gondariño e Carballo, en Sanxenxo; un camiño municipal no lugar de Carracido, en Valga; un camiño na rúa Canto de Sobrán, en Vilagarcía, e varios camiños rurais en Tremoedo, en Vilanova de Arousa.


Comentar