O Arousa ábrese a fichar un home máis de ataque tras presentar a Álex Compa
Arousa
O punta de Pontecesures declara que fichou en Vilagarcía co obxectivo do ascenso
30 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.
A incorporación de Álex Compa ao Arousa non supón o peche do cadro de xogadores de Míchel Alonso. O director deportivo do club arlequinado, Dani Abalo, contou onte, durante a presentación do dianteiro centro de Pontecesures, que «seguramente pueda venir un jugador más de ataque» antes do inicio da Liga de Terceira RFEF, o 8 de setembro.
Fronte ao que deran en parecer tanto Dani Abalo coma Míchel Alonso, o Arousa semella disposto a espremer as opcións que dá a categoría, con ata 22 fichas dispoñibles en tanto, como mínimo, media ducia delas sexan de futbolistas Sub 23. Unha condición esta última amplamente cuberta polo primeiro proxecto de Míchel Alonso á fronte do vestiario da Lomba.
Acompañado do presidente do club, Manolo Abalo, o director deportivo do Arousa referiuse onte a Álex Compa na súa presentación nas oficinas da entidade como un «delantero de área, que viene de jugar en categorías inferiores en el Celta, y del Cartagena y Logroñés —estes dous últimos destinos, a temporada pasada no seu primeiro ano sénior e en Segunda RFEF—. Es lo que necesitábamos y nos faltaba. Esperemos que sea capaz de aportarnos y que nos ayude a conseguir el objetivo».
Un obxectivo que o propio Álex Compa fixou no ascenso á Segunda RFEF. A súa fichaxe polo Arousa, declarou o punta pontecesureño, «fue una decisión fácil. El proyecto del Arousa este año es muy ilusionante. Espero ascender, ya sea de forma directa o por play-off».
A presentación de Álex Compa veu precedida, na noite do mércores, do penúltimo partido de preparación do Arousa no seu camiño cara á estrea na Liga. Neste caso, goleando o Umia C.F. no campo de herba sintética de Zacande. O Céltiga, outro rival de Preferente, será, este domingo na Illa de Arousa, a última pedra de toque dos de Míchel Alonso.